Разработка платного шаблона Joomla

logo union panaderia

A orixe do pan cocido está en Exipto, miles de anos antes de Cristo, e son os romanos os que introducen o forno en Europa.
Naquela época non había fermento, que aparece no século XVI, usado polos panadeiros franceses, e a cocción facíase baixo as cinzas. A forma era de torta de pouco espesor, que se usaba como prato para servir e fonte para cortar a carne, cuxos xugos a impregnaban, e era frecuente consumilos ao final das comidas como sobremesa.

Xa na Idade Media, situámonos a beiras do Río Belelle, Norte de Galicia, España. Este río forma en Neda o "Salto da Fervenza". Usando a forza do seu caudal aparecen varias e importantes industrias, entre elas, os muíños de trigo.

Esta situación, sumada á inmellorable calidade das augas do Belelle, dan nacemento á tradición panadeira da Vila.

A finais do século XVI, en 1588, Felipe II escolle Neda para asentar as chamadas “Casas Reais”, fábricas de biscoito e fornos de provisión . A decisión baseouse na excelente comunicación da Vila co porto de Ferrol e a súa antiga tradición panadeira.

Xa se tiñan as augas do Belelle como as mellores do pais para o branqueo de fiados, para a elaboración do pan e para a saúde.

Así se fabrica en Neda, durante un século, a galleta o biscoito para as armadas do Reis de España.

Co paso dos anos, xa nunha época máis moderna, en 1917, sae da imprenta de “El Correo Gallego”, un folleto de 16 páxinas titulado “Estudio analítico, químico e bacteriolóxico da auga da Fervenza”, practicado por Don Santiago De La Iglesia, director do laboratorio municipal, por orden do Sr Alcalde de Ferrol.

Neste informe, fálase en detalle das características químicas da auga, chegando á conclusión que son “moi boas” e en canto ao número de bacterias dise que é “extremadamente pura”. Ademáis, atópase a presenza de xéneros pertencentes á familia dos fungos, entre estes os “pencilium”. Un descubrimento que contribúe a realzar os xa mencionados atributos do noso río.

Afírmase que as fariñas fabricadas con ditas augas adquiren calidades apreciables en brancura e sustancia.

Nos séculos XVII, XVIII e comezos dos XIX, a Neda pódeselle considerar como a capital do trigo de Galicia.

Dende aqueles tempos, trasladámonos ao século XXI. Xa non se moe o cereal con muíños de auga, pero aínda conta con inmellorables recursos tanto naturais como tradicionais, o cal fixo que o pan de Neda teña rexistro de Marca de Calidade.

LANUEVA

Panaderia

Avd. de Algeciras, 89 Neda (A Coruña)

administración@panaderíalanueva.com

Chámenos: 981 380 610