Разработка платного шаблона Joomla

Pastelarías Valencia, un clásico da zona, onde se unen en perfecta harmonía a excelencia das materias primas coa profesionalidade, para afagar o olfacto e o padal dos máis esixentes.

A partir de ingredientes seleccionados elabóranse empanadas, tortas, pasteis..., que destacan polo seu sabor único. Produtos que carecen de aditivos nin conservantes, onde o tradicional e artesanal se funde nas mans de profesionais especialistas, dos que aínda gozamos do sabor do caseiro e mantemos a pastelaría do Obradoiro.

Somos pasteleiros por elección e por vocación. A diferenza é que non só vendemos pastelaría, tamén gozamos a pastelaría.

Estamos dedicados diariamente a producir produtos cun coidado proceso de elaboración, que se trasmite no sorprendente sabor de cada anaco que chega aos fogares dos nosos clientes.

Para nós a pastelaría é maxia e aroma, é tradición e artesanía. PARA NÓS SÓ O MELLOR É BO!

 

 

 

stollen logo p  lanueva logo p  valencia logo p

LANUEVA

Panaderia

Avd. de Algeciras, 89 Neda (A Coruña)

administración@panaderíalanueva.com

Chámenos: 981 380 610