Situado en pleno barrio da Magdalena, patrimonio histórico e cultural da cidade, Stollen é o sitio emblemático de Ferrol.
O salón con renovada imaxe, amplo e tranquilo, acolle a todos os seus clientes con moita ilusión e trato exquisito. Nel pódese gozar do mellor café ou bebidas, acompañados dos nosos produtos. Produtos inmellorables, amasados de forma totalmente artesán e sen aditivos. Tamén pode levalos a casa, xa que conta con despacho de pan e pastelería.
A nosa cafetería:
A nosa cafetería semella estar en todas partes, é parte do amor pola cidade, está onde a xente quere gozar. Estamos nunha esquina porque gústannos os encontros. Cafetinear en Ferrol ten estilo propio e un nome único STOLLEN!
STOLLEN! É único e irrepetible. É O CAFÉ DA CIDADE
O noso despacho:
Comprar pan e pastelería en Ferrol, significa levar do forno á mesa o mellor produto da zona, co mellor selo de calidade. PASTELERÍAS VALENCIA!
COMPARTIMOS A PAIXÓN POR AMASAR, POR RECUPERAR SABORES E POR SERVIR CÓ MELLOR NIVEL. É A NOSA INTENCIÓN E O NOSO SENTIMENTO.